domingo, 26 de abril de 2020

APRENDO XOGANDO

Queridas familias,
nós, no cole, estamos acostumadxs a traballar doutra forma...
experimentando, interaccionando, poñendo en práctica os nosos coñecementos, ou coñecendo e aprendendo a través da práctica.
O traballo que estamos a plantexar é moito máis "formal", xa que sabemos que requerimos da vosa axuda, e pareceunos o máis cómodo para vós.
Aínda así non esquezades que deben xogar, cociñar, cantar, bailar, contar e escoitar contos ou aventuras inventadas, manipular... xa que no CEIP da Laxe, en educación infantil, estamos segurxs e convencidxs de que existe outra forma de aprender que non é a "formal".
Por iso vos pedimos que todo o que fagades e propoñades cxs peques estará xenial!!!

Moito ánimo e moitas grazas por "traballar" con elxs.

Un bico enorme axs nosxs pequechiñxs.

A CEBRA CAMILA

SEMANA 27 ABRIL- 30 ABRIL 2020


luns, 6 de abril de 2020

PROBANDO

Preparando o último trimestre...
Facendo probas e investigando para reinventarse!!!