xoves, 30 de maio de 2019

GALLETAS DE AVENA E PEPIÑAS DE CHOCOLATE


Galletas de avea con pepiñas de chocolate
·         65 g de fariña
·         ¼  culler de fermento químico
·         ¼ culler de sal
·         45 g de azucre
·         55 g de azucre moreno
·         140 g de pepiñas de chocolate
·         140 g de avea
·         115 g de manteiga pomada
·         Un ovo
·         1 culler de auga
PREPARACIÓN:
Prequentar o forno a 190ºC.
Forrar a bandexa do forno con papel para forno.
Mesturar nunha cunca o contido do bote e engadir o ovo batido e a auga.
Mesturar de novo.
Engadir a manteiga e mesturar ata que todo estea ben amalgamado.
Dividir a masa en 12 ou 15 boliñas, poñelas na placa do forno e aplanalas cunha culler.
Enfornar de 10 a 12 minutos ata que se doren lixeiramente. Aínda que poidan parecer crudas, estarán perfectas.
Deixar arrefriar nunha reixa. Bo proveito!