xoves, 18 de xuño de 2020

HELLO!

It is time for a break!

Xa chegan as vacacións, é hora de disfrutar doutros xeitos.
Aquí vos deixo máis xogos e vídeos para seguir a practicar ENGLISH, se queredes. Revisade tamén a páxina de Symbaloo de inglés (máis abaixo no Blog en Inglés) para repetir actividades.




HAPPY HOLIDAYS!

luns, 15 de xuño de 2020

ÚLTIMA SEMANA DE CURSO...

Esta é a última semana de curso...

Esta semana non haberá tarefas programadas, senón que seredes vós os que propoñades ao resto do grupo, manualidades, contos e tarefas que vos gusta facer, dando ideas e aportándoas, entre todxs, ao muros virtual que compartimos(padlet).

O material que vos queda na casa podedes ir facéndoo, e se queredes, tamén compartíndoo, xa que queda moito verán por diante. Pero sobre todo, recordade pasalo ben, desfrutar en familia e vivir esta "nova normalidade" como unha oportunidade de facer, de tempo que compartir.

Queridxs alumnxs... xa vos dixen moitas veces... que sodes marabillosos, que sodes únicxs. É un pracer ser a vosa mestra. Teño moitas ganas de abrazarvos, e seguro que será pronto!! En setembro estaremos esperándovos cos brazos abertos, para recurperar todo ese tempo perdido, pero non de libros nin fichas, senón de xogo e momentos compartidos.

Queridas familias, soamente teño palabras de agradecemento, por estar sempre dispostas, por facer todo aquilo que se propoñía, porque non se vos puxo nada por diante: videoconferencias, novas aplicacións, blog, muro virtual... sodes un claro exemplo de superación para xs vosxs fillxs. Noraboa!!!

E que peniña despedirse así... Pronto teredes novas nosas, con ideas e propostas que esperamos que vos gusten!!

Unha aperta máis que enorme!!

GRAZAS

domingo, 26 de abril de 2020

APRENDO XOGANDO

Queridas familias,
nós, no cole, estamos acostumadxs a traballar doutra forma...
experimentando, interaccionando, poñendo en práctica os nosos coñecementos, ou coñecendo e aprendendo a través da práctica.
O traballo que estamos a plantexar é moito máis "formal", xa que sabemos que requerimos da vosa axuda, e pareceunos o máis cómodo para vós.
Aínda así non esquezades que deben xogar, cociñar, cantar, bailar, contar e escoitar contos ou aventuras inventadas, manipular... xa que no CEIP da Laxe, en educación infantil, estamos segurxs e convencidxs de que existe outra forma de aprender que non é a "formal".
Por iso vos pedimos que todo o que fagades e propoñades cxs peques estará xenial!!!

Moito ánimo e moitas grazas por "traballar" con elxs.

Un bico enorme axs nosxs pequechiñxs.

A CEBRA CAMILA

SEMANA 27 ABRIL- 30 ABRIL 2020


luns, 6 de abril de 2020

PROBANDO

Preparando o último trimestre...
Facendo probas e investigando para reinventarse!!!